Riquiña
Riquiña 🌸. Para a xente que é puro amor e simpatía. Perfecta para quen leva a palabra "riquiña" con orgullo galego. Dispoñible en varios tamaños e formatos.
(Se eres máis ben túzaro tamén temos unha chapa para ti).
A chapa "Riquiña" é unha homenaxe a unha das palabras máis adorables do galego. Se es dos que usan "riquiña" para describir a esa persoa especial, esta chapa é para ti. É perfecta para regalar a alguén que encaixa á perfección nesa descrición, ou para levala ti mesmo/a e presumir da túa simpatía e tenrura natural.
Dispoñible en varios tamaños e en formato imán, esta chapa é un guiño á cultura galega e á súa xente. Lévaa con orgullo e difunde o "riquiñismo" alí onde vaias. Ideal para mochilas, cazadoras ou calquera recuncho que precise un toque de simpatía! 🌸💫