chapa paxariños e pardais

Paxariños e pardais

1131
1,50 €
IVA incluido

«Non somos todos iguais: paxariños e pardais». Que si, que todos temos ás, pero non todos cantamos igual. E menos mal. Aínda que sempre hai algún pardal convencido de que é unha aguia imperial.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 38 mm
  • 59 mm

 

«Non somos todos iguais: paxariños e pardais».

Hai algo marabilloso na maneira que temos en galego de dicir certas cousas. Podes soltar unha frase aparentemente inocente, mencionar un par de paxaros e deixar a alguén pensando se acabas de facerlle un eloxio ou de chamarlle pardal.

Porque unha cousa é que todos sexamos iguais en dereitos e outra ben distinta que sexamos todos iguais, sen máis. Por sorte, non o somos.

Hai quen canta, quen desafina, quen madruga e quen non sae do niño ata que o café fai efecto. Hai quen pasa discretamente pola vida e quen precisa anunciar a súa chegada desde tres árbores de distancia.

Esta chapa xoga precisamente con iso: coas diferenzas, coa retranca e con ese costume tan noso de dicir bastante máis do que parece.

E non imos sinalar quen é o paxariño e quen é o pardal.

Que despois hai líos.

chapatízate
Produto engadido á lista de desexos