E logo?
Hai idiomas que precisan dez palabras para dicir algo. O galego, ás veces, arránxao con dúas: "E logo?". Curiosidade, retranca, sorpresa, incredulidade... Ti xa sabes cal toca en cada momento.
Hai expresións que se poden traducir.
E despois está "E logo?".
Porque, si, poderiamos dicir que significa "e entón?", "que pasa?", "e que?" ou "como?". Pero ningunha desas opcións acaba de dicir o mesmo.
"E logo?" pode ser unha pregunta feita con toda a curiosidade do mundo.
Pode ser unha maneira de animar a alguén a seguir contando.
Pode significar "e cal é o problema?".
Ou pode deixar ben claro, con dúas palabras, que acabas de soltar unha boa animalada.
Todo depende da entoación.
É unha desas expresións que viven no ADN do galego. Das que saen soas, sen pensalas. Das que funcionan nunha conversa entre amigos, nunha sobremesa familiar ou mentres esperas a quenda na panadaría.
Esta chapa é para quen leva o galego tamén na maneira de falar. Porque ás veces unha expresión conta máis dun país ca un discurso enteiro.
E logo... vas quedar sen ela?