quevedo galego

Polbo serán

1105
1,50 €
IVA incluido

Chapa “Polbo serán, mais polbo namorado”. Unha frase mariñeira, romántica e bastante máis mona do que probablemente debería 🐙💜

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 38 mm
  • 59 mm

 

Hai xogos de palabras que nacen para existir en formato chapa. E este é un deles.

“Polbo serán, mais polbo namorado” colle a expresión clásica “polvo serán, mas polvo enamorado” para darlle unha volta completamente galega, mariñeira e adorable. Porque claro: se imos facer poesía barroca, polo menos que apareza un polbo feliz polo medio.

O resultado é esta criatura violeta con ollos de corazón que parece saída dunha historia de amor submarina entre unha polbeira e unha canción de verbena. Ten algo de frase culta, algo de meme lingüístico e bastante potencial para facer rir á xente que a entende ao momento.

Perfecta para amantes do galego, da retranca ben feita (si, aquí toca), das referencias literarias raras e de todo o que mestura cultura pop, poesía e cefalópodos.

Porque ás veces o amor eterno non é unha rosa vermella. Ás veces é un polbo kawaii.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos