Que a vergoña cambie de bando
A chapa "Que a vergoña cambie de bando" é un berro feminista contra a violencia sexual. Un berro. Todos os nosos berros.
Sobre a valentía, o coraxe e a forza de Gisèle Pélicot non temos palabras.
"Que a vergoña cambie de bando" é máis que unha frase, é un berro de guerra na loita feminista contra o abuso sexual. É o fin da culpa que historicamente cargamos as vítimas, e un recordatorio de que a vergoña debe caer sobre os agresores.
Este é un símbolo de resistencia, de dicir basta. Perfecta para activistas, feministas, aliadas e todas as persoas que loitan día a día por cambiar a narrativa. Porque non hai xustiza sen escoitar ás vítimas, sen arrebatarlles o peso dunha culpa que non lles pertence.
Un recordatorio de que non calamos, de que estamos aquí para cambialo todo. Porque o silencio deixou de ser unha opción. A vergoña xa non é nosa. É hora de que cambie de bando.