donna haraway ciborg

Donna Haraway

393
1,50 €
IVA incluido

Donna Haraway publicou o seu Manifesto cíborg en 1985 e complicounos marabillosamente a existencia. Resulta que as fronteiras entre natureza e tecnoloxía, entre corpos e máquinas, non estaban tan claras. Nós, por se acaso, puxémoslle unha man robótica ao lado. (Moi discretiña).

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 38 mm
  • 59 mm

 

En 1985, Donna Haraway publicou Manifesto cíborg e decidiu que xa estaba ben de repartir o mundo en dúas metades perfectamente ordenadas.

Natureza ou cultura. Humano ou máquina. Home ou muller. Corpo ou tecnoloxía.

E se resulta que esas fronteiras son bastante máis discutibles do que nos contaran?

Aí entra o cíborg de Haraway. Non exactamente o das películas de ciencia ficción, cos seus olliños vermellos e a súa obsesión por destruír a humanidade. Máis ben unha figura coa que pensar doutra maneira quen somos, como nos relacionamos coa tecnoloxía e por que algunhas categorías que parecen naturais teñen bastante de construción social.

E, de paso, poñer patas arriba unhas cantas ideas sobre o feminismo, a identidade e o corpo.

(Que ninguén dixera que ler a Haraway fose un pasatempo relaxante).

O curioso é que aquel manifesto de 1985 non deixou de gañar novas lecturas. Vivimos rodeadas de tecnoloxía, levamos dispositivos pegados ao corpo, deixamos parte da nosa memoria en máquinas e mantemos conversas con intelixencias artificiais. 

Pero Haraway non quedou nos cíborgs. Tamén nos convidou a pensar nos vínculos con outras especies, nos animais cos que convivimos e nese costume tan humano de colocarnos no centro de absolutamente todo.

Para esta chapa escollemos unha fotografía de Donna con ese medio sorriso que parece estar a piques de cuestionar algo. E engadimos unha man robótica achegándose á súa cabeza.

Non sabemos se aprobaría o deseño, pero gústanos pensar que polo menos lle faría graza.

E, se non, sempre podemos discutilo. Que para algo estamos falando de filosofía.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos