Bailaches Carolina
Bailaches, Carolina? Pois claro que bailou, con tododios. Inspirada nunha das cancións populares galegas máis coñecidas. Tamén dispoñible en imán.
A idea, neste caso, saiu dun colega de Patri de Lilith, a nosa libreira en Compostela. :)
Hai cancións que non precisan presentación. Abonda con dicir o primeiro verso para que alguén continúe o resto.
Iso pasa coa da Carolina, unha desas cancións populares que levan décadas pasando de xeración en xeración entre festas, foliadas, excursións, seráns e comidas familiares.
Esta chapa recolle precisamente ese momento. A pregunta está servida: "Bailaches, Carolina?". E a resposta, resumindo, tamén: "Bailei con tododios". Un diálogo musical que forma parte da memoria colectiva de moita xente en Galicia.
Gústanos especialmente porque non fai falta explicala demasiado. Quen a coñece sorrí ao vela. E quen non a coñece probablemente acabe preguntando pola canción.
É unha chapa para persoas que cantan sen vergonza, para amantes da música tradicional galega, para nostálxicas das festas da aldea e para quen sabe que algunhas cancións nunca pasan de moda porque xa forman parte da casa.
Tamén dispoñible en imán.