O teu carro
Non hai máis artigos no teu carro
Beethoven
977
1,50 €
IVA incluido
O xenio do Romanticismo, agora en versión abella. Beethoven non compuxo para isto, pero seguro que lle faría graza.
Hai compositores que fixeron historia, e logo está Beethoven, que directamente a escribiu en partitura. Pero que non che engane o seu aire de xenio serio: nesta chapa temos a versión bee-thoven zumbando sen complexos.
Unha homenaxe canalla ao titán da música clásica, ideal para quen non se toma a cultura tan en serio… pero si o suficiente como para saber que a Novena non é unha película. Se ti tamén te comunicas mellor en acordes menores, esta abella con perruca é para ti.
Aviso: non pica, pero deixa un ronsel de emocións.