Bachman
O clásico dos clásicos, pero cun nome de superheroe. Bachman vén poñer orde no pentagrama.
Johann Sebastian Bach foi o xenio máximo do Barroco, pero se lle poñemos cara de poucos amigos e nome de superheroe… saenos Bachman! Unha chapa que mestura cultura musical e cultura pop cun toque de ironía tan afinado coma as súas fugas.
Ideal para quen goza dun bo contrapunto, quen solta un “isto modula” sen avisar ou quen pensa que o órgano debería estar presente en todas as festas. E aínda que non coñezas todas as súas suites, con esta chapa pareces da familia directa.
Se pensas que a harmonía pode cambiar o mundo (e que Bach tiña máis flow do que parece), Bachman é para ti.