a bella otero

A bella Otero

970
1,50 €
IVA incluido

Galega, poderosa e escandalosamente libre. A Bella Otero volve para lembrarte que ti es quen escribe a túa historia. 💃

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 25 mm
  • 32 mm
  • 38 mm
  • 59 mm

 

De Valga aos escenarios máis brillantes de Europa, Carolina Otero —máis coñecida como A Bella Otero— arrasou na Belle Époque. Actriz, bailarina e mito. Amada, envexada, criticada… e absolutamente inesquecible. Relacionouse con zares, aristócratas, banqueiros e artistas, pero sempre marcou o seu propio ritmo.

Esta chapa é unha homenaxe pop a unha galega que non pediu permiso para brillar. A Bella Otero viviu como lle deu a gana, nun mundo que só lles ofrecía liberdade aos homes. E aínda que o seu final foi amargo, a súa historia segue a brillar con luz propia.

Levaa con orgullo, porque se che din que es demasiado libre, probablemente vas ben encamiñada.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos