- -10%
Quixote
Chapa ou imán cunha ilustración de Don Quixote camiño dos muíños. Literatura e tenrura en formato mini.
ste cabaleiro andante non necesita presentación… pero si unha chapa (ou un imán). Con esta ilustración tenra e divertida de Don Quixote montado en Rocinante, rumbo á súa aventura máis mítica, rendemos homenaxe ao personaxe máis tolo, lúcido e entrañable da literatura universal.
Tes varios tamaños dispoñibles, tanto en chapa como en imán, para levala na mochila, na bata de clase ou deixala ben visible na neveira. Ideal para profes de lingua, fans de Cervantes, románticas incurables ou quen segue vendo xigantes onde outras persoas só ven muíños.
Porque hai loitas que paga a pena librar… e chapas que paga a pena levar.