• -10%
chapas recursos

Pack recursos literarios

959
9,00 € 10,00 € -10%
IVA incluido
Queda(n)

Dez chapas. Dez recursos literarios.
A linguaxe nunca estivo tan ben armada.

Este pack está deseñado para quen non necesita subliñar o recurso no libro, porque o leva posto.

Formato

 

Crías que as figuras retóricas eran cousa de exames e resumos para durmir?

Erro.

Son armas. Ferramentas. Pequenas explosións lingüísticas que usamos todos os días sen decatarnos, igual que dicimos “estou ben” cando claramente non o estamos.

Este pack inclúe dez figuras retóricas con máis carácter ca un poema barroco con resaca:

  • Ironía: que ben todo. (Mentira)
  • Hipérbole: podería durmir durante un século.
  • Metáfora: os teus ollos, dúas pantallas OLED.
  • Antítese: nin contigo, nin sen ti. (O normal)
  • Oxímoron: silencio atronador.
  • Apóstrofe: oh, Wi-Fi, faime caso.
  • Hipérbaton: Coma Yoda falo
  • Sinestesia: azul que cheira a derrota.
  • Persoificación: o vento berroume que marcharas.
  • Aliteración: sete suspiros mudos saíron sen ser sentidos. (Si, lestes o último con voz de anuncio de perfume. Ben feito.)

Ideal para estudantes, docentes ou xente que se pasa a vida explicando a diferenza entre metáfora e comparación nas ceas familiares.

Tamén para levar no peito o que non che deixan dicir en voz alta: “sei do que falo. E teño probas gráficas.”

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos