Oxímoron
Chapa co oxímoro "silencio atronador", que ía ser “intelixencia militar”, pero non nos deixaron.
Oxímoro: esa figura retórica que xunta cousas que non cadran nin a tiros. Como sentido común, marisco vegano ou orde natural.
Esta chapa, con cara de estar na súa paz e auriculares que retumban, fai un guiño divertido a esas expresións imposibles que, porén, encaixan.
Iamos facer unha coa frase “intelixencia militar”, pero decidimos non tentar ao destino (nin ao exército). Así que quedamos cun “silencio atronador” de libro.
Para amantes da lingua, da retranca e das cousas que non encaixan… pero molan igual. Porque se é contraditorio, é que é interesante.