Ironía
Todo mal, pero con sorriso. Chapa con cunca rota e cara feliz. Ironía elegante para días de morros.
Hai días nos que todo se torce: rompes a cunca, perdes o bus e chove por dentro do paraugas (ou non podes abrir o paraugas porque ventea que non vexas). E ti, cun sorriso: «que ben todo». Esta chapa é para esas xornadas surrealistas nas que só queda rir para non chorar.
Con deseño vintage, unha cunca rota e unha cara feliz de mentira, é o accesorio perfecto para quen domina a arte da ironía. Pequena, redonda e moi expresiva: levaa posta como quen leva unha declaración de principios.
Porque ás veces, dicir que todo vai ben é o xeito máis sofisticado de dicir que non podes máis.