chapa cantares gallegos rosalia

Cantares Gallegos

1053
1,50 €
IVA incluido

Hai libros que se len. E hai libros que cambian un país. Esta chapa de Cantares gallegos (1863), de Rosalía de Castro, é unha pequena homenaxe a unha obra inmensa. Tamén dispoñible en imán.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 38 mm
  • 59 mm

 

Hai quen leva camisolas do seu grupo favorito. Hai quen presume do seu equipo de fútbol. E despois estamos quen pensamos que Cantares gallegos merece perfectamente unha chapa e todo o demais.

Publicado en 1863, o libro de Rosalía de Castro marcou un antes e un despois na literatura galega e converteuse no gran símbolo do Rexurdimento. Non por casualidade o 17 de maio, Día das Letras Galegas, lembra precisamente a data da súa publicación.

Por iso esta chapa non é só un deseño bonito inspirado nunha portada clásica. É unha maneira de dicir que unha lingua merece ser falada, escrita, cantada e coidada. Que a cultura non é un adorno, senón unha forma de estar no mundo.

Tamén nos gustaba a idea de facer unha chapa sinxela, elegante e case intemporal. Das que pode levar unha profesora de literatura, unha estudante, unha bibliotecaria ou alguén que, ao escoitar un verso de Rosalía, sente inmediatamente que está na casa.

Porque hai libros que quedan nun andel. E hai outros que, cento sesenta anos despois, seguen camiñando con nós.

Tamén dispoñible en imán.

chapatízate

A clientela que mercou este produto tamén mercou:

Produto engadido á lista de desexos