- -10%
Ernestina de Champourcín
Ernestina de Champourcín, poeta do 27 e voz imprescindible das Sinsombrero.
Hai nomes que se abren camiño con elegancia e firmeza. Ernestina de Champourcín foi unha desas voces: poeta brillante, pensadora profunda e figura clave do exilio republicano. Formou parte da Xeración do 27, esa na que moitas brillaron desde as marxes: as "Sinsombrero".
Esta chapa é unha homenaxe ao seu legado literario, espiritual e político cun deseño que non pasa desapercibido. Si, lembra a certo iogur... pero quedaba xenial, non si? E non se nos ocorre mellor envase para reivindicar a unha muller que escribiu sobre o amor, a mística, o compromiso e o desarraigamento cunha lucidez que atravesa décadas.
Perfecta para levar con orgullo á aula, a unha mani, a unha libraría de vello ou simplemente sobre o peito. Porque recuperar a súa memoria tamén é unha forma de insubmisión.