Vivant Linguae Mortuae
Chapa co lema Vivant linguae mortuae: que vivan as linguas mortas. Ironía e orgullo clásico nun só complemento.
Din que as linguas mortas xa non serven para nada… pero quen sufriu cos verbos gregos ou coas declinacións latinas sabe que esas linguas seguen moi vivas na nosa cabeza. Esta chapa berra con orgullo Vivant linguae mortuae: que vivan as linguas mortas.
Un agasallo perfecto para profes, estudantes e amantes da cultura clásica que saben que o latín e o grego son moito máis ca un recordo escolar: son raíces, son cultura e tamén un estilo de vida.
Porque levar esta chapa é como dicir: si, son deses que celebran o ablativo absoluto e as traxedias gregas… e non me dá ningunha vergoña. Ao contrario: que todo o mundo o saiba.
Dispoñible en varios tamaños e tamén en imán, para que a túa neveira sexa tan clásica como a túa biblioteca.