Brenda e Dylan
Brenda & Dylan: amor dos 90 cargado de drama. Chapa para fans de Beverly Hills, 90210. 💔📺
O deles foi tóxico, intenso e absolutamente inesquecible. Brenda e Dylan foron a parella máis mítica de Beverly Hills, 90210, causantes de millóns de suspiros, dramas e berros diante da tele nos anos 90.
Esta chapa é unha homenaxe nostálxica a ese amor imposible, cheo de agora si-agora non, miradas intensas e frases que quedaron gravadas na memoria (aínda que non o queiras recoñecer).
Ideal para quen medrou coa serie, para nostálxicas dos noventa, para fans dos pantalóns de talle alto, as ombreiras e os triángulos amorosos eternos.
Lévaa con orgullo noventeiro. E lembra: nunca fomos Brandon nin Kelly… fomos Brenda.
Hoxe, Brenda e Dylan xa non están, pero esta chapa é unha pequena homenaxe a quen marcou toda unha xeración. 🖤