Chapa Curie
Chapa “Be Curie-ous” con Marie Curie en versión kawaii. Ciencia, humor e un toque radiante para mentes curiosas 🔬✨.
Se algo define a Marie Curie é a curiosidade. Esta chapa xoga con iso para converter o lema en algo divertido: Be Curie-ous. Un xogo de palabras brillante para profesorado de ciencias, alumnado inquedo ou calquera persoa que goce da ciencia cun sorriso.
A ilustración amosa a Curie en versión chibi, doce pero perfectamente recoñecible, cun pequeno frasco que brila (como todo o que tocaba, básicamente). O fondo azul dálle un toque alegre e moi pop, perfecto para levar na bata, na mochila ou no estoxo.
É un detalle ideal para amantes da física e da química, ou para quen sempre fai a pregunta exacta no momento oportuno. Unha forma simpática de reivindicar a curiosidade como motor do coñecemento e de render tributo a unha das grandes mentes científicas da historia.