Aí estabamos, imaxinando un pequeno negocio que se chamase «Redondeles con mensaxe». A cousa non callou e acabamos sendo «Imperdibel». Era sinxelo e o logo, claramente, tiña un imperdible no centro. Comezamos a coñecer xente e a facer moitas chapas cando case ninguén as facía. Ademais dos encargos, faciamos as nosas propias chapas. Así, un pouco diferentes e raras. Faciamos chapas do que nos gustaba, do que nos facía rir. E no logo, non o dixemos, había unha palabra un pouco rara: Chapatízate.

Velaquí que, como tantas galegas/os, acabamos en Zaragoza e, tras un breve período de calma, decidimos poñernos en marcha de novo con aquela palabra rarita. 15 anos de chapas dan para moito e aquí estamos de novo, cunha web renovada, con máis deseños, facendo novas amigas polo camiño e gozando do proceso. Benvidas!

Produto engadido á lista de desexos