Suxeitalibros Hamlet
Hamlet sostendo unha caveira… e os teus libros.
Ser ou non ser… en vertical, mellor.
Medidas: 17x10x12 cm Material: metal
Hai estanterías tranquilas.
E logo están as que, en calquera momento, poden converterse en traxedia.
Para esas, mellor ter a Hamlet do teu lado.
Este suxeitalibros converte unha das escenas máis icónicas da literatura en algo inesperadamente útil: manter os teus libros en pé sen que o drama se descontrole. A silueta do príncipe danés coa caveira na man funciona como recordatorio permanente de que todo é efémero… agás os libros ben colocados.
Está fabricado en metal resistente, así que non se limita a ser bonito: cumpre coa súa función mesmo cando a pila comeza a medrar máis do recomendable.
E si, ten ese punto teatral que transforma calquera estantería en algo máis interesante ca un simple lugar de almacenamento.
Encaixa especialmente ben entre clásicos, lecturas densas e eses libros que mercas con ambición intelectual e logo te miran desde a balda.
Non vai resolver as túas dúbidas existenciais.
Pero polo menos evitará que todo se veña abaixo.
E, visto o visto, non é pouco.