Tenda online de chapas
As chapas máis vendidas (2025)
Chapas galegas
Lotes e novidades

Preguntas habituais
Si. En cada produto da tenda podes ver se tamén está dispoñible en imán (é así na maioría dos casos).
Temos 3 tipos de imáns: imán mediano de 38 mm, imán grande de 59 mm e imán abridor (abrebotellas) de 59 mm.
Agora mesmo non. Agardamos abrir unha moi pronto en Compostela (medio tenda, medio taller)
Polo de agora, todo vai online e enviamos con Correos, pero se estás en Compostela podemos solicitar recollida en tenda. A libraría Lilith (Rúa Travesa, 7) ofreceuse a ser punto de recollida durante este tempo (Grazas, Patri).
Si, claro. Envíanos un correo a info@chapatizate.com para coñecer as condicións e os prezos especiais para tendas e librarías.
Non somos Amazon (nin o pretemos), por iso hai un prezo para os envíos.
Agora mesmo tedes envíos na Península a 3,26€+ive e de balde a partir de 35€. Na páxina de Envío tedes toda a información.
Tamén podedes solicitar o envío con Correos Express, a entrega nunha oficina de Correos ou a recollida en tenda se estades en Compostela.
ACTUALIZACIÓN: Desde principios de verán do 23 estamos probando a enviar ás Canarias con Correos. A ver se vai ben.
Si as Illas Baleares, nos ás Illas Canarias.
Moi ao noso pesar pero cada vez é máis difícil enviar paquetes ás Canarias. Sentímolo.

Unha tenda de chapas con historia
Chapatízate é unha tenda de chapas que leva máis de 20 anos poñendo imperdibles un a un.
Chapas que levantan o puño, chapas que che fan rir, chapas que te levan a outro tempo ou que che lembran que aínda tes un libro agardando por ti.
Aquí conviven ideas, referencias, memoria, humor e algunha que outra teima filolóxica.
Hai chapas feministas, LGTBIQ+, chapas clásicas, literarias, frikis e galegas.
E tamén chapas personalizadas, por se o que buscas aínda non existe.
Seguimos aquí porque nos gusta o que facemos e porque moitas persoas volven, recomendan e sosteñen o proxecto. E iso importa.
Pasa, bota un ollo e elixe as chapa que van contigo.
Escoita a chamada das chapas.

Sen pedido mínimo
Podes pedir tantas chapas como queiras. Os envíos son gratis para pedidos de máis de 35€ (Península).

Pago seguro
Temos certificado SSL en toda a web e pasarelas de pago seguras.

Chapas personalizadas
Se queres facer as túas proprias chapas personalizadas, podes facelo na web e ver ti mesma os prezos por cantidade.















