- -10%
Foliada ou barbarie
Pandeireta, festa e dignidade cultural. Porque sen foliada… que nos queda? Foliada ou barbarie, compañeiras.
Non é só unha frase: é un manifesto. Un xeito de estar no mundo entre a pandeireta, o berro colectivo e a defensa da nosa cultura. Esta chapa —coa enerxía dun certo xabarin que nos marcou a infancia— dalle voz á resistencia festiva, á rebeldía que se baila e se canta.
Ideal para foliadeiras, músicos tradicionais, xente do mundo da cultura ou simplemente persoas que saben que unha romaría é tan política como un pleno municipal (vale, aceptamos un "case").
Porque cando a cousa se pon escura, hai que sacar a pandeireta, erguer o puño e poñerse a cantar.
Foliada ou barbarie. Non hai termo medio. ;)