Morgana
Chapa cadrada (37mm) coa portada da segunda novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle.
Tamén en imán.
«O meu nome e Morgana.
Morgana de Cornualles. Morgana de Tintantel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot.
Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druida. A meiga. A fada. A bruxa. A puta.
Chamádeme como queirades. Tanto ten. Son todas e non son ningunha, que en cada unha desas Morganas, e de tantas outras como poidades imaxinar, hai parte da miña esencia, pero que eu son máis, moito máis do que a suma ou o seu conxunto.
Eu son Morgana e esta é a miña historia. Contada por min mesma, coa miña voz. A única historia en que me vexo e en que me recoñezo. Por máis que haxa quen lembre doutro modo os feitos»
Morgana en Esmelle.