rexouba

Rexouba

1039
1,50 €
Impuestos incluidos

Unha declaración de principios: eu ❤️ rexouba. E, xa de paso, todo o que vén sendo peixe serio con alma de festa. Minimalista, vintage e cun sorrisinho por dentro.

Deunos polo humor mariñeiro... hehe.

Tipo
  • Chapa
  • Imán
  • Imán abridor
Tamaño
  • 25 mm
  • 38 mm
  • 59 mm

 

Esta chapa é para quen sabe distinguir unha noite normal dunha noite con denominación de orixe. Para quen entende que a vida ás veces pide música, lume baixo, risas, confidencias e ese punto de caos ben levado que chamamos rexouba.

O deseño combina aire tradicional, papel vello, humor silencioso e unha mensaxe que funciona en calquera contexto: no bar, na festa, na romaría, na facultade, no supermercado mirando peixe fresco ou na reunión familiar onde non queres dar explicacións de nada.

Dúas xoubas serias, unha declaración de amor explícita e unha palabra que cada quen interpreta como quere. Quen sabe, sabe. E quen non… pois tamén queda bonita.

Perfecta para levala na chaqueta, na mochila ou deixala posta na neveira na súa versión imantada. Porque a rexouba —toda ela— é un estado mental.

chapatízate

Los clientes que adquirieron este producto también compraron:

Producto añadido a la lista de deseos